A veces queres contar algo e non che sae, outras simplemente sénteste un libro aberto que non para de perder frases quizais con algún tipo de sentido. O do vaso medio cheo/ medio bacío sempre me soou a conto, porque sempre pode estar como ti queiras ou en moitos casos como a xente quere que o vexas. Xente, non persoas, intentarán facerche ver como que a parte que faltaba non a merecías, ou simplemente carecías dela por ser coma ti es e non como eles; as persoas, sen embargo, diranche que esa cantidade de auga que xa non está no vaso, non che falta, si non que a regalaches para que outras persoas puideran mediar o seu vaso. Eu considérome persoa, e creo que fun dando pequenas doses de esa auga do meu vaso medio cheo, nunca medio bacío, ás persoas que quero que teñan algo de min ou a aquelas que o necesitaban.
No hay comentarios:
Publicar un comentario